PRESENTACIÓN DO BLOG

ESTE BLOG ESTÁ ADICADO Á INVESTIGACIÓN QUE TEMOS QUE REALIZAR PARA Á ASIGNATURA DE XEOGRAFÍA RURAL IMPARTIDA POLO PROFESOR CARLOS FERRÁS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
O NOSO TEMA DE INVESTIGACIÓN CHÁMASE A COMPARATIVA DA MULLER RURAL GALEGA DO INTERIOR E DA COSTA, SENDO O TÍTULO RESUMIDO DA PUBLICACIÓN G.I. MUR (Grupo de Investigación Mulleres Rurais)

lunes, 26 de noviembre de 2012


ENTREVISTA A UNHA EX MARISCADORA.

Queridos lectores, deixovos aquí unha entrevista feita á ex mariscadora Fina Vázquez López de 67 anos, e tamén unha pequena opinión do ex mariscador Gabriel Carrera Salgado sobre algunha das cuestións feitas na entrevista.

Espero que vos sexa de interese!

·         Agora que está retirada, como transcorre un día de semana normal para vostede?
-     Pois sigo unha rutina de ir a mercar á praza tódolos días pola mañá, e pola tarde dedícome ás labores da casa ou da horta. 
·         Como era a xornada laboral á que vostede se expoñía? Cal foi a súa idade de comezo e de retirada de dito traballo?
-        Normalmente se traballaba entre tres e cinco días á semana dependendo da marea, e as horas que se traballaban por día serían unhas catro aproximadamente. 
-    Eu comecei a traballar moi nova, con 20 anos, e retireime ós 65 anos, polo que  podo dicir que dediquei unha boa parte da miña vida a este traballo.
·       Con que variedade de mariscos traballábades? Canto se podía recoller como máximo nun día? Como se distribuía isto no mercado?
-    Nós iamos recoller ameixa fina, ameixa xapónica, berberecho e ameixa babosa, e como máximo podíamos recoller 7 Kg ó día. 
-    A maneira de distribuír todas estas mercancías era a través dun intermediario que o lanzaba ó mercado.
·         Que impedimentos podería atopar vostede nun día normal de traballo?
-       Pois sobre todo os temporais, as mareas ou a toxina do marisco.
·         Como cambiou o modo de mariscar nos últimos anos? 
-       Non se aprecian moitas diferenzas porque se segue traballando por terra e a técnica e a mesma, cun sacho e cun cubo.
·    Como cre vostede que valoraba e valora a xente este traballo? Que porcentaxe de poboación ocupaba e ocupa aproximadamente?
-       Eu creo que sempre foi una traballo pouco valorado tanto antes como agora, e que a xente recorría a el por necesidade.
-  A porcentaxe de poboación ocupada neste sector variou bastante con respecto a cando eu comecei a traballar. Fai uns 40 anos este sector tería ocupado un 65 % da poboación, e hoxe en día non chega nin ó 5 %.
·         Cal era a proporción de homes e mulleres no traballo propiamente dito?
-  Máis ou menos a proporción era  a mesma, pero a diferenza era que a flote predominaban os homes, á rañeira ían moi poucas mulleres.
·   Cre que se está perdendo a tradición ou que as maquinas chegaran a substituír o traballo das mulleres neste sector?
-   Eu creo que vaise perdendo porque antes había máis xente  dedicada a estas tarefas, era o primeiro sector, o que máis poboación ocupaba.
·         Se transmitiu esta tradición de pais a fillos?
-   Os meus fillos e o meu home nunca se dedicaron a isto profesionalmente, pero si como pasatempo.
·         Gustaríalle haber traballado doutra cousa ou sempre se decantou por este traballo?
-   Eu tiven a oportunidade de traballar en moitos oficios pero a min gustábame ir a mariscar, non traballei nisto por necesidade.
  •       Prefire a vida na cidade ou no medio rural?
-    Sen lugar a dúbida no medio rural, porque gozo dunha tranquilidade que non se me ofrece no medio urbano.

En contraste á entrevista de Fina, Grabriel Carrera Salgado, tamén ex mariscador, cre que había e segue habendo máis mulleres na tarefa de mariscar, e que se decantaban por este traballo porque era moi ben pagado e había moitos postos. A diferenza de Fina, Gabriel cre que a tradición non se está perdendo e que sucede todo o contrario, que a xente demanda cada vez máis este traballo.

Ti que opinas disto? Estás de acordo con Fina ou con Gabriel?

Un saúdo.

Andrea Carrera

domingo, 18 de noviembre de 2012

Testimonio


Queridos lectores, aquí vos deixo o testimonio dunha muller que vive no núcleo rural do Carballiño. Propietaria dunha libraría María Jesús Hermida danos a súa visión de vivir nun pobo, as súas inquedanzas, o que conleva isto para ela…
E a vós, gústavos vivir no voso pobo, aldea ou vila? Ou pola contra, preferiades vivir nunha cidade? 
Non dubidedes en comentar e expresar a vosa opinión!

Entrevista a María Jesús Hermida

- Cando adquiriches o negocio, non planteacheste en ningún momento instalarte no núcleo urbano máis próximo, Ourense no noso caso? Por qué?
Cando eu decidín montar o meu negocio, as miñas fillas estaban escolarizadas aquí, eran pequeñas e o pobo tiña unha estabilidade económica aparente que ahora non ten, por tanto crin que era a mellor opción seguir nel.

- En qué cres que beneficia ó teu modo de vida e o das túas fillas vivir nun área rural? En qué te afecta?
Hoxe en día creo que non nos beneficia en nada, mentras os nenos son pequenos, é ideal pola tranquilidade, pero hoxe en día creo non é beneficioso porque non hay ningún tipo de futuro nin a nivel social, nin cultural, nin educativo e moito menos a nivel laboral.

- Os movementos e desplazamentos que realizas á cidade, con qué frecuencia os fas? Con qué fins?
Desplázome regularmente a Ourense, xeralmente por compras, cine, paseos e incluso a nivel laboral.

- Como propietaria dun comercio, cres que o noso municipio, presta os servicios necesarios para poder levar unha vida similar sin ter que marchar a vivir á Ourense, por exemplo, ou o ves máis como un poco dormitorio no que os vecinos terían que facer a vida na cidade?
Hoxe en día, Carballiño é sen dúbida un pobo máis ben dormitorio por dicilo dalgunha maneira, non hai industria algunha polo tanto non hai futuro nel, e nunca se podería realizar unha vida plena en ningún sentido como se fose unha cidade como Ourense, Vigo, Coruña…




Noa


lunes, 12 de noviembre de 2012

A MULLER LOITADORA E SINDICALISTA


Queridos lectores, nesta nova entrada que publico trata da muller, pero non so dende un punto de vista na que esta traballa no campo ou no mar, senón dunha muller traballadora, de como esta muller pasou a crear o  mundo sindical galego.

Dende sempre a muller labrega foi a espiña dorsal de Galiza. Esta muller mantivo durante séculos a cultura, a lingua... a nosa diferenza ante o mundo que nos rodea. Os homes recaian nas servidumes da emigración ,e é sobre elas onde sobreviviu e sobrevive  a nosa nación.

Na costa Atlántica dende Coruña ata Vigo, a man feminina sempre foi a protagonista en todas as fases do desembarco do peixe nos molles ata a venta, estas cada noite levaban nas súas cabezas ou nos carros o peixe que venderían o dia seguinte nas prazas galegas.

Pero é no mundo das conserveiras onde as traballadoras galegas teñen iniciativa. Son elas as fundadoras das primeiras asociacións sindicais, dende Ribadeo ata a Guardia foron a vangarda dende o século XIX ata a chegada da ditadura no 1936 onde foron reprimidas elas e as súas familias, mais ainda con todo iso, son elas as que levan a maior parte do movemento sindical  galego ainda hoxe en dia.

Foron elas as que crearon o mundo sindical xa que eran as que traballaban nas fabricas e víanse independentes xa que seus pais e maridos estaban na emigración e eran as que se levantaban de madrugada por ir traballar no mar, as que entraban en cólera por mor de que lles quitaban as súas terras para facer estradas, son elas as que loitaron polos seus dereitos...


Elas son a memoria de Galiza, coas súas enrugas, feridas, ollares perdidos... non haberá un xeración tan loitadora coma elas, coma a das nosas nais e avoas.

Para min as traballadoras das conservas sen dubida foron as que loitaron contra o patrón e crearon o movemento sindical galego.

Que creedes? As mulleres son as que sacaron a Galiza adiante? Foron elas as que impulsan o movemento sindical e loitan polos seus dereitos? Ou foron os homes? Ou ambolos dous? Ou antes eran elas, pero agora e cousa de todos o sindicalismo galego?

Un saúdo,
Andrea Fernández

sábado, 10 de noviembre de 2012


MAR E TERRA

Estimados lectores, déixovos aquí un pequeno resumo da Galiza tradicional rural no mar e na terra. Espero que vos sexa de interese e disfrute.

Tradicionalmente o oficio dos homes do litoral galego era ir embarcados, mentres que as mulleres ocupábanse da mercancía que os seus homes traían. Ademais disto, as mulleres tamén reparaban as redes, confeccionaban roupa impermeable e ocupábanse da casa e dos fillos. Había mulleres que dedicábanse a palillar, e como costume as casadas traballaban nos lugares discretos e as solteiras mostrándose ós mozos. En canto ás cerimonias relixiosas, as mozas galegas habituaban ofrecer o seu cabelo á Virxe pedindo que se cumprise algún desexo. O entretemento nas festas ía a cargo da cucaña ou das regatas de traíñas.  Por último, cando os homes morrían nas embarcacións, as mulleres preparaban o cadáver do seu home para velalo e posteriormente recibir cartos na presenza dos seus veciños.



En canto á terra, a emigración dos homes ou o seu recrutamento para as guerras  fixo relevante o papel da muller na aldea. Estas mulleres criaban o gando, ían lavar os cestos da roupa, vendían o que traballaban nas colleitas, etc. Tamén os nenos substituían algunhas horas da escola para dedicarse a tarefas gandeiras coas que se gañaban o pan. Como actos relixiosos era tradicional ofrecer os corpos despois de mortos á Virxe ou sacalos santos en procesión. Para entreterse dispoñían de cine ou xogaban ó xogo da chave.

A modo de anécdota cabe dicir que os homes Portugueses viñan a Galiza buscando mozas galegas porque dicían que valían moito por realizar tantas tarefas, e para mocear na aldea tiñan que invitar ós mozos galegos a beber.
Agardo impaciente calquera comentario, dúbida ou aportación que vos aconteza.

Un saúdo!                
                                                                                 Andrea Carrera

martes, 6 de noviembre de 2012

Costumes curiosas na Galicia de antes


Queridos lectores, aquí vos deixo un post con algunhas costumes curiosas que había nas aldeas galegas fai uns cantos anos. Non teñen perda e son ben graciosas, espero que vos gusten e as disfrutedes!


* A costume que vos conto a continuación trata dos “estreitos”. Resulta, que o último día de cada ano, celébrase un sorteo de noivos. Sí, si, como o escoitades, un sorteo de noivos. Isto era como xogar á lotería. Escribían tantos nomes de mozas como de mozos solteiros que había na aldea e botábanos en sombreiros distintos; entón un por un, os mozos sacaban un nome do sombreiro das mulleres e as mozas facían o respectivo no seu caso. Cada parella que saía, debía ser noivos durante o vindeiro ano e o mozo tiña a obligación de obsequiar a súa parella. Déronse moitos casos de que estos noivados de papeletas, remataron en casamento!




* Os noivados, eran case sempre entre mozos dunha mesma aldea, pero cando non era así e o mozo era forasteiro, éste debía pagar “o piso”. Isto consistía en pagar un convite ós mozos da aldea da noiva; ou ben, dáballes de beber viño, ou cartos para que o beban. Desta maneira, queda festexado o noivado e queda admitido o forasteiro como amigo dos mozos da aldea.


Se se vos ocorre algunha tradición ou costume antiga das vosas aldeas que vos contasen os maiores, non dubidedes en compartila con todos!

Ata a próxima!

Noa

lunes, 5 de noviembre de 2012

QUE É A MULLER RURAL?


Ola queridos lectores, ímosvos deixar nesta entrada a nosa visión da muller rural baseándonos en documentación que fomos consultando. Deixámosvos tamén  a visión e a definición da muller rural que dan algúns organismos oficiais e asociacións nas que pescudamos distintas aportacións de xente! A información que aquí posteamos  é unha mestura de diversas páxinas webs nas que nos apoiamos. Esperamos que o disfrutedes!


Para nós, a muller rural, é unha muller complexa, que pode adicar a súa vida profesional, ben ó traballo no campo ou no mar, ou ben a outros sectores, pero que vive e desenrola o seu modo de vida nun núcleo rural. Esta muller, compaxina a vida familiar e o fogar, co traballo como unha muller cosmopolita e urbana. Consideramos tamén a este tipo de muller, unha muller todoterreo que pode distribuír o seu tempo en diversas tarefas. Por exemplo, o traballo no campo ou na horta, pode ser simplemente unha ocupación secundaria cando chega de traballar no posto remunerado que ten na cidade ou no núcleo urbano máis próximo.
Para a asociación AMFAR, as mulleres rurais son mulleres de idade media que traballan as explotacións agrarias para complementar o traballo remunerado que levan a cabo tamén.
Segundo a Secretaría Xeral da Igualdade da xunta de Galicia, a muller no eido rural, ten un papel invisíbel no noso territorio. Esta muller, traballa horas e horas nas tarefas do campo (gran parte da produción do campo é grazas a elas) á mesma vez que ocúpase das labores do fogar e dos coidados da súa familia. Teñen pouca importancia no eido social dos municipios e parroquias…

Tedes o mesmo pensamento que nós, ou pola contra credes que é todo o contrario? 

Non dubidedes en deixarnos o voso parecer!



Un saúdo, as blogers