PRESENTACIÓN DO BLOG

ESTE BLOG ESTÁ ADICADO Á INVESTIGACIÓN QUE TEMOS QUE REALIZAR PARA Á ASIGNATURA DE XEOGRAFÍA RURAL IMPARTIDA POLO PROFESOR CARLOS FERRÁS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
O NOSO TEMA DE INVESTIGACIÓN CHÁMASE A COMPARATIVA DA MULLER RURAL GALEGA DO INTERIOR E DA COSTA, SENDO O TÍTULO RESUMIDO DA PUBLICACIÓN G.I. MUR (Grupo de Investigación Mulleres Rurais)

jueves, 27 de diciembre de 2012

Ten futuro o marisqueo?


Ola de novo queridos lectores! Déixovos aquí unha entrada sobre a profesionalización do marisqueo en Galicia que atopei neste enlace e que me parecía de gran interese para o noso blogg.

Cara o ano 1995 o marisqueo atopábase en crise tanto polos escasos recursos derivados do furtivismo coma pola falta de formación das mariscadoras. Esta actividade era considerada coma una actividade económica complementaria á economía doméstica, e ningunha destas mulleres alcanzaba o salario mínimo interprofesional, sendo a media dos ingresos anuais por mariscadora de 1.200 €.

O marisqueo era considerado coma unha actividade marxinal e o perfil das mariscadoras era o da muller cun nivel cultural baixo-medio e cunha escasa representación nos órganos de goberno das confrarías.   

Nun intento de cambio convocouse neste mesmo ano o I Encontro de Mulleres Mariscadoras, no que se trataron os distintos problemas que estaban a afectar ó sector. Este encontro tivo tal éxito que a Administración concedeulles un lugar onde reunirse e dábaselles ás mariscadoras a oportunidade de ser escoitadas sen un patrón intermediario. Outra medida adoptada foi a posta en marcha do proxecto NOW (novas oportunidades para as mulleres), que lle deu a tódalas mariscadoras a formación que necesitaban e da que carecían. Púxose en marcha a vinculación ó Plan Galicia de cara á profesionalización do marisqueo a pé, e desta maneira  a actividade comezaba a ser recoñecida profesionalmente. As mulleres tiñan representación nas confrarías, a conciencia cara ó marisqueo ía mudando, e incluso fixéronse grandes inversións no sector.

En definitiva, pódese dicir que O Plan de Profesionalización das Mariscadoras de Galicia tivo tal éxito que supuxo un cambio de mentalidade e de  actitude por parte das mesmas.

Pese a todos estes avances parece que o marisqueo non se libra da crise, pois actualmente o 58 % das mariscadoras cobran ingresos por debaixo do salario mínimo e o número de permisos vese reducido.
Déixovos aquí un enlace no que se corroboran estes datos deixándovos tamén un pequeno adianto:

"Los planes de la Xunta de profesionalizar el marisqueo logrando más empleo y mejor remunerado están chocando con una realidad poco halagüeña. La renta media de las mariscadoras se ha estancado y el número de permisos de explotación (pérmex) está en mínimos históricos"

Xulgade por vós mesmos! Ten futuro?

Andrea Carrera 

martes, 18 de diciembre de 2012

"tes dentro do que é as vivencias no rural... iso queda. "

Entrevista a Trinidad Peón, veciña de Tomeza, Pontevedra, sobre a súa esperanza e a súa opinión sobre vivir no rural.


- Por que vivir no rural? gústalle?

Vivir no rural ten os seus pros e os seus contras, para min máis pros que contras. Por exemplo a tranquilidade,o poder estar o meu aire, significa que estou vivindo nunha casa, coñezo os meus veciños un pouco máis que se vivira nun edificio, como unha caixa, independencia, menos ruídos, poder saír a fora, pasear, en definitiva maior liberdade.

- E os contras cales serían?

Tal vez a proximidade que tes cando vives nunha cidade dos servizos máis imprescindibles...ou que facemos que sexan máis imprescindible..nada máis

- Podería dicirse que lle gusta vivir no rural?

Pois si, gústame moitísimo máis o rural que a cidade. De feito vivín na cidade uns poucos anos na cidade pero voltei aquí. Vivín un tempo en Pontevedra cando me casei e tan pronto puiden volvín.

- Compaxinar a agricultura co traballo na cidade.

A agricultura da maneira que se fai hoxe se traballas fora da casa é moi difícil de levar. Moi difícil, porque para vivir da agricultura digamos que mais ben é unha axuda ou xa non unha axuda se non unha forma de pasar o tempo que che gusta... fas un pouco de todo, o fin de semana cando non traballas pois botas unhas patacas uns repolos na horta e que despois produce e claro, aforras.

- Os seus fillos cree quedaran a vivir no rural como fixo vostede? ou mudaranse a cidade?

Non sei eu creo que algún dos dous quedará, creo que si aínda que como toda a xente pensa, bueno vou facer a miña casa.. ou vou ter o meu piso independente... pero si no rural algún quedará. Van criados nel e coñecen esa independencia que vai criada contigo, vaite formando e esa autonomía que tes dentro do que é as vivencias no rural... iso queda. 


Esta é a opinión de Trini, crees que crecer no rural ligate a este?

Andrea Fernández 

miércoles, 12 de diciembre de 2012

ATOPA AS SETE DIFERENCIAS




Imaxe de inicios do S.XX


Imaxe actual


Imaxe de principios do S.XX


Imaxe actual





                                                                                                                                As bloggers

jueves, 6 de diciembre de 2012

Canto cambiamos...

Queridos lectores, aquí vos deixo cunha pequena entrevista que lle fixen a unha veciña de Moldes, un pobo ó ladiño do Carballiño, Manuela Pérez (72 anos) e a súa neta Cristina Reinoso (20 anos). Podemos ver, nas súas palabras as diferentes perspectivas que teñen do entorno rural...

Fala Manuela

Manuela, cómo cambiou o hábitat rural nos últimos anos?
As labores e tarefas que se fan agora, son as mesmas que cando eu era moza, aínda que agora temos tractor e aramos as terras, cando antes o facían as vacas e era todo moito máis manual. Traballamos os eidos según a época do ano, ou botamos as patacas, ou é o tempo de vendimia, ou sulfatamso as viñas (que ó facelo a man, aínda hoxe é o que máis costa), ou escorchamos o maíz...no verao tamén se traballa máis porque os días son máis longos, e no inverno temos que apurar as poucas horas de luz que dan os días.
O que se refire ás terras traballadas, cambiou moito a situación. Antes, moitísimas terras que agora están hermas, daban as súas mellores colleitas, agora a xente vai moito máis a traballar fóra, a xente xoven marcha a outros sitios, porque quédalle pequeno isto e abandónanse moitos terreos. É unha situación decadente, os únicos que quedamos somos xente maior que cultivamos para o autoconsumo e o necesario. 
Nos meus tempos traballaban moitos matrimonios nos eidos, aínda que o home marchaba fóra para traballar, como meu home que era albañil. No que había que facer no eido traballabamos os dous, aínda que de forma máis puntual il na maneira que podía e de forma máis continuada eu, que ocupábame da casa, dos fillos e do eido. Agora son máis as mulleres de mediana idade as que se ven traballando, para axudar ós pais que xa non poden, ou de forma complementaria ó seu traballo, non de forma total. Pódese dicir que é a muller a que máis traballa nas labores agrarias. Isto tamén é así porque hai moitas menos terras traballadas...

¿Cómo ve o hábitat rural dentro de cincuenta anos?

Pois penso que as novas xeracións, cando teñan cincuenta anos non van a ter todo o que teñen agora. Van retornar ó campo porque as cousas están moi mal. Estase chegando a puntos de que por exemplo, as familias que tiñan os maiores en residencias, estanos retirando delas e levándoos de volta para a casa. Esperemos que isto sea unha cousa pasaxeira e que dentro de uns anos mellore a situación. En canto á calidade de vida, no rural é moito mellor que nas cidades. Os custos económicos poden ser algo maiores, como a contribución, e pode que outros servizos como a auga tamén. Unha casa ten máis gastos, pero vívese mellor, porque si cultivas o mínimo podes alimentarte ben si tes outro sueldo a maiores. Quero dicir, que non é viable vivir soamente do rural, xa que non te podes manter da agricultura exclusivamente, tería que ser unha actividade complementaria. Por exemplo, como xa te comentei o meu home traballaba fóra da casa cobrando unha renda, e eu aquí, e agora tería que seguir sendo algo complementario tamén.

Fala Cristina

Eu penso que vívese mellor no rural que nas cidades tamén, aínda que de outro xeito. A min non me importaría vivir nunha casa no eido rural, pero non traballar no campo. Desplazaríame ó meu posto de traballo periódicamente, así podería disfrutar dos servizos e as prestacións dunha área urbana, pero se perder o contacto co rural, e ter polo tanto unha maior tranquilidade, vivir sin estrés, en contacto coa natureza... Pode ser que teña esta visión tan repartida entre os dous ámbitos porque sempre vivín nunha casa no rural, pero fixen a vida no Carballiño, onde ía a escola, fago recados, paseo, teño a todos os meus amigos... Sería o perfecto modo de vida para min, e que lle quixera dar ós meus fillos, o que eu levei sempre.

                                         Pazo de Moldes


¿Cal é a vosa perspectiva de futuro?

¿Coincidides con Manuela ou pola contra, máis co parecer de Cristina?


Noa


domingo, 2 de diciembre de 2012

NON TIÑAMOS TERRAS. EU ADICABAME A COIDAR DOS MEUS IRMÁNS.


Queridos lectores, aquí déixovos a entrevista que lle realicei a Isabel Soto, unha muller que naceu o 13 de xullo de 1962, na parroquia de A Torre, en Vilagarcía de Arousa, e agora vive as aforas de París. Isabel procede dunha familia humilde de cinco irmáns.

-         - Isabel, como era a túa vida cando aínda eras unha cativa?, a que se adicaban os teus pais?, con quenes vivías?

Cando era nena meu pai era empregado nunha fabrica de metais e miña nai era empregada do fogar. Ia a escola e cando saia, axudaba na casa coidando oss meus irmáns pequenos mentres miña nai non chegaba do traballo.

-      -   Teus irmáns maiores coidaban dos pequenos?

A miña irmán maior, Dolores,  con 14 anos empezou a traballar fora e meu irmán Javier empezou a estudar bachiller pero non lle gustou e con 16 anos, marchou embarcado. Eu con 15 anos non me deixaron seguir estudando, terminara os estudos obrigatorio, e meus pais obrigáronme a quedar na casa coidando os meus irmáns e aprendín a coser.

-      -   Vivindo na aldea non cultivabades o campo?

Non tiñamos terras propias pero miña nai arrendaba algunhas leiras preto da casa  e cultivaba segundo a tempada patacas. Aínda así na nosa casa tiñamos sempre un porco que era o que nos daba de comer todo o ano.

-         -Cando te introduciches no mundo laboral? E porque nunha conserveira?

Empecei na conserveira con 18 anos, era a primeira vez que traballaba fora da casa, necesitaba un salario fixo, e naquela época a unica forma de que unha muller sen estudos tivera un salario estable e cotizase a seguridade social era esa, aínda que estaba moi mal pagado.

-         -Porque te iniciaches no sindicalismo?

Cando comecei a traballar coñecín o mundo sindical.
Normalmente os homes que traballaban nas fabricas aproveitábanse das mulleres, insultábanas e humillábanas e alguén me dixo que iso non tiña porque ser así que podiamos denuncialo.
Aínda así non lle fixen caso ata que unha mañá cando cheguei a fabrica dixéronnos que estabamos despedidas. Eu non o aceptei e decidín ir a un sindicato a preguntar, en primeiro caso a CC.OO, que non nos axudou, solo nos dixo que tiñamos que pedir a carta de despedido.
Pero seguín sen darme por vencida e contactei con aquela persoa que me dixera que tiñamos que loitar contra os abusos dos homes nas fabricas, e axudáronnos fixemos folgas e apoiáronnos e orientáronos en todo e fomos readmitidas.
O pouco diso fixemos eleccións sindicais na fabrica e saín elixida como delegada sindical dun sindicato que habiamos criado cando fixemos as folgas polo noso despido, un sindicato pequeno de influencia local o OTTS (Organización de Traballadores e Traballadoras de O Salnes), este sindicato se adicaba especialmente a axudar as mulleres con problemas nas conserveiras, logo este pequeno sindicato seria agrupado a CIGA.

-     -Porque te mudaches o centro de Vilagarcía? E logo porque te fuches a A Laxe (aforas de Vilagarcía)?

Eu vivía en A Torre e estaba separada, solicitei unha vivenda social, e foime concedido un piso no centro de Vilagarcía.
Logo cando me volvín casar, o meu segundo marido e eu pensamos en ter unha casa e encontramos unha casa en A Laxe, moi preto do centro, polo cal non necesitabamos o coche e así foi.

-         - A que te adicabas nese intre? Seguías na conserveira?

Non, por mor de traballar na conserveira enfermei e tiven que deixala, e cando nos mudamos para a casa montei un pequeno taier de costura, xa que era o que me gustaba, e co soldo do meu marido podíame permitir non ter un soldo estable.

-         -Agora vivides en Francia, cal é o motivo?

O único motivo en realidade e o traballo do meu marido, non somos emigrantes por necesidade.

-         -E por ultimo, como ves ti que a cambiado o rural de Vilagarcía?

Cambou moito, pero porque cambiou a mentalidade das persoas. Na miña época os pais non querían que estudásemos e querían que quedásemos na casa a axudar.
A xente de agora quere que os seus fillos estuden, que teñan unha vida mellor, e traballar por exemplo no campo e moi duro polo cal, queren que marchen e se independicen.
A mentalidade da xente de agora e mais independente.

Coñecedes casos parecidos os de Isabel? Deixaron estudar as mulleres da vosa familia o obrigáronas a traballar? Coñecedes a mais xente que non tivera terras e as arrendaran?

Andrea Fernández