Queridos lectores, aquí déixovos a entrevista
que lle realicei a Isabel Soto, unha muller que naceu o 13 de xullo de 1962, na
parroquia de A Torre, en Vilagarcía de Arousa, e agora vive as aforas de París.
Isabel procede dunha familia humilde de cinco irmáns.
- - Isabel, como era a túa vida
cando aínda eras unha cativa?, a que se adicaban os teus pais?, con quenes
vivías?
Cando era nena meu pai era
empregado nunha fabrica de metais e miña nai era empregada do fogar. Ia a
escola e cando saia, axudaba na casa coidando oss meus irmáns pequenos mentres
miña nai non chegaba do traballo.
- - Teus irmáns maiores coidaban
dos pequenos?
A miña irmán maior, Dolores,
con 14 anos empezou a traballar fora e
meu irmán Javier empezou a estudar bachiller pero non lle gustou e con 16 anos,
marchou embarcado. Eu con 15 anos non me deixaron seguir estudando, terminara
os estudos obrigatorio, e meus pais obrigáronme a quedar na casa coidando os
meus irmáns e aprendín a coser.
- - Vivindo na aldea non cultivabades
o campo?
Non tiñamos terras propias
pero miña nai arrendaba algunhas leiras preto da casa e cultivaba segundo a tempada patacas. Aínda así
na nosa casa tiñamos sempre un porco que era o que nos daba de comer todo o ano.
- -Cando te introduciches no
mundo laboral? E porque nunha conserveira?
Empecei na conserveira con
18 anos, era a primeira vez que traballaba fora da casa, necesitaba un salario
fixo, e naquela época a unica forma de que unha muller sen estudos tivera un
salario estable e cotizase a seguridade social era esa, aínda que estaba moi
mal pagado.
- -Porque te iniciaches no
sindicalismo?
Cando comecei a traballar coñecín
o mundo sindical.
Normalmente os homes que
traballaban nas fabricas aproveitábanse das mulleres, insultábanas e humillábanas
e alguén me dixo que iso non tiña porque ser así que podiamos denuncialo.
Aínda así non lle fixen caso
ata que unha mañá cando cheguei a fabrica dixéronnos que estabamos despedidas.
Eu non o aceptei e decidín ir a un sindicato a preguntar, en primeiro caso a
CC.OO, que non nos axudou, solo nos dixo que tiñamos que pedir a carta de
despedido.
Pero seguín sen darme por
vencida e contactei con aquela persoa que me dixera que tiñamos que loitar
contra os abusos dos homes nas fabricas, e axudáronnos fixemos folgas e apoiáronnos
e orientáronos en todo e fomos readmitidas.
O pouco diso fixemos eleccións
sindicais na fabrica e saín elixida como delegada sindical dun sindicato que
habiamos criado cando fixemos as folgas polo noso despido, un sindicato pequeno
de influencia local o OTTS (Organización de Traballadores e Traballadoras de O
Salnes), este sindicato se adicaba especialmente a axudar as mulleres con
problemas nas conserveiras, logo este pequeno sindicato seria agrupado a CIGA.
- -Porque te mudaches o centro
de Vilagarcía? E logo porque te fuches a A Laxe (aforas de Vilagarcía)?
Eu vivía en A Torre e estaba
separada, solicitei unha vivenda social, e foime concedido un piso no centro de
Vilagarcía.
Logo cando me volvín casar,
o meu segundo marido e eu pensamos en ter unha casa e encontramos unha casa en
A Laxe, moi preto do centro, polo cal non necesitabamos o coche e así foi.
- - A que te adicabas nese intre?
Seguías na conserveira?
Non, por mor de traballar na
conserveira enfermei e tiven que deixala, e cando nos mudamos para a casa
montei un pequeno taier de costura, xa que era o que me gustaba, e co soldo do
meu marido podíame permitir non ter un soldo estable.
- -Agora vivides en Francia,
cal é o motivo?
O único motivo en realidade
e o traballo do meu marido, non somos emigrantes por necesidade.
- -E por ultimo, como ves ti
que a cambiado o rural de Vilagarcía?
Cambou moito, pero porque
cambiou a mentalidade das persoas. Na miña época os pais non querían que estudásemos
e querían que quedásemos na casa a axudar.
A xente de agora quere que
os seus fillos estuden, que teñan unha vida mellor, e traballar por exemplo no
campo e moi duro polo cal, queren que marchen e se independicen.
A mentalidade da xente de
agora e mais independente.
Coñecedes casos parecidos os de Isabel? Deixaron
estudar as mulleres da vosa familia o obrigáronas a traballar? Coñecedes a mais
xente que non tivera terras e as arrendaran?
Andrea Fernández