PRESENTACIÓN DO BLOG

ESTE BLOG ESTÁ ADICADO Á INVESTIGACIÓN QUE TEMOS QUE REALIZAR PARA Á ASIGNATURA DE XEOGRAFÍA RURAL IMPARTIDA POLO PROFESOR CARLOS FERRÁS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
O NOSO TEMA DE INVESTIGACIÓN CHÁMASE A COMPARATIVA DA MULLER RURAL GALEGA DO INTERIOR E DA COSTA, SENDO O TÍTULO RESUMIDO DA PUBLICACIÓN G.I. MUR (Grupo de Investigación Mulleres Rurais)

viernes, 11 de enero de 2013

E TI, CAMBIACHES DE IDEA?

Queridos leitores, esta é unha das nosas últimas entradas no blog, e queremos compartir con vós, cómo mudou a nosa idea da muller rural dende os comezos da nosa investigación ata o momento. 

Cando empezamos co blog, tiñamos unha idea da muller limitada, un pouco retrograda e anticuada, xa que pensabamos que estas mulleres, reducíase a un ámbito propio da montaña, e tiñan un papel moi secundario e apartado en moitos aspectos e esferas da vida cotiá. Tamén tiñamos a errónea idea de que actualmente a muller predominaba na costa e o home no interior, xa que asociabamos ó predominio das mulleres no marisqueo e o dos homes nas leiras. 

Tras estes meses de pescudas, entrevistas e consulta de información, puidemos contrastar as nosas ideas principais coa verdadeira realidade que se vive e atopamos no rural galego. Agora, sabemos que o papel da muller mudou moitísimo nestas últimas décadas, e que o rol da muller gañou terreo, influencia e actividade tanto no ámbito familiar e económico, como no do traballo fóra da casa. 

Con isto, estimados leitores, queremos espertar o voso interese pola muller rural galega, tan achegada á nosa vida e a nós. 

E a vós mudouvos a imaxe e concepto que tiñades da muller rural? Ou seguides tendo a mesma? 

As blogers

No hay comentarios:

Publicar un comentario