PRESENTACIÓN DO BLOG

ESTE BLOG ESTÁ ADICADO Á INVESTIGACIÓN QUE TEMOS QUE REALIZAR PARA Á ASIGNATURA DE XEOGRAFÍA RURAL IMPARTIDA POLO PROFESOR CARLOS FERRÁS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
O NOSO TEMA DE INVESTIGACIÓN CHÁMASE A COMPARATIVA DA MULLER RURAL GALEGA DO INTERIOR E DA COSTA, SENDO O TÍTULO RESUMIDO DA PUBLICACIÓN G.I. MUR (Grupo de Investigación Mulleres Rurais)

jueves, 27 de diciembre de 2012

Ten futuro o marisqueo?


Ola de novo queridos lectores! Déixovos aquí unha entrada sobre a profesionalización do marisqueo en Galicia que atopei neste enlace e que me parecía de gran interese para o noso blogg.

Cara o ano 1995 o marisqueo atopábase en crise tanto polos escasos recursos derivados do furtivismo coma pola falta de formación das mariscadoras. Esta actividade era considerada coma una actividade económica complementaria á economía doméstica, e ningunha destas mulleres alcanzaba o salario mínimo interprofesional, sendo a media dos ingresos anuais por mariscadora de 1.200 €.

O marisqueo era considerado coma unha actividade marxinal e o perfil das mariscadoras era o da muller cun nivel cultural baixo-medio e cunha escasa representación nos órganos de goberno das confrarías.   

Nun intento de cambio convocouse neste mesmo ano o I Encontro de Mulleres Mariscadoras, no que se trataron os distintos problemas que estaban a afectar ó sector. Este encontro tivo tal éxito que a Administración concedeulles un lugar onde reunirse e dábaselles ás mariscadoras a oportunidade de ser escoitadas sen un patrón intermediario. Outra medida adoptada foi a posta en marcha do proxecto NOW (novas oportunidades para as mulleres), que lle deu a tódalas mariscadoras a formación que necesitaban e da que carecían. Púxose en marcha a vinculación ó Plan Galicia de cara á profesionalización do marisqueo a pé, e desta maneira  a actividade comezaba a ser recoñecida profesionalmente. As mulleres tiñan representación nas confrarías, a conciencia cara ó marisqueo ía mudando, e incluso fixéronse grandes inversións no sector.

En definitiva, pódese dicir que O Plan de Profesionalización das Mariscadoras de Galicia tivo tal éxito que supuxo un cambio de mentalidade e de  actitude por parte das mesmas.

Pese a todos estes avances parece que o marisqueo non se libra da crise, pois actualmente o 58 % das mariscadoras cobran ingresos por debaixo do salario mínimo e o número de permisos vese reducido.
Déixovos aquí un enlace no que se corroboran estes datos deixándovos tamén un pequeno adianto:

"Los planes de la Xunta de profesionalizar el marisqueo logrando más empleo y mejor remunerado están chocando con una realidad poco halagüeña. La renta media de las mariscadoras se ha estancado y el número de permisos de explotación (pérmex) está en mínimos históricos"

Xulgade por vós mesmos! Ten futuro?

Andrea Carrera 

No hay comentarios:

Publicar un comentario