PRESENTACIÓN DO BLOG

ESTE BLOG ESTÁ ADICADO Á INVESTIGACIÓN QUE TEMOS QUE REALIZAR PARA Á ASIGNATURA DE XEOGRAFÍA RURAL IMPARTIDA POLO PROFESOR CARLOS FERRÁS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
O NOSO TEMA DE INVESTIGACIÓN CHÁMASE A COMPARATIVA DA MULLER RURAL GALEGA DO INTERIOR E DA COSTA, SENDO O TÍTULO RESUMIDO DA PUBLICACIÓN G.I. MUR (Grupo de Investigación Mulleres Rurais)

martes, 18 de diciembre de 2012

"tes dentro do que é as vivencias no rural... iso queda. "

Entrevista a Trinidad Peón, veciña de Tomeza, Pontevedra, sobre a súa esperanza e a súa opinión sobre vivir no rural.


- Por que vivir no rural? gústalle?

Vivir no rural ten os seus pros e os seus contras, para min máis pros que contras. Por exemplo a tranquilidade,o poder estar o meu aire, significa que estou vivindo nunha casa, coñezo os meus veciños un pouco máis que se vivira nun edificio, como unha caixa, independencia, menos ruídos, poder saír a fora, pasear, en definitiva maior liberdade.

- E os contras cales serían?

Tal vez a proximidade que tes cando vives nunha cidade dos servizos máis imprescindibles...ou que facemos que sexan máis imprescindible..nada máis

- Podería dicirse que lle gusta vivir no rural?

Pois si, gústame moitísimo máis o rural que a cidade. De feito vivín na cidade uns poucos anos na cidade pero voltei aquí. Vivín un tempo en Pontevedra cando me casei e tan pronto puiden volvín.

- Compaxinar a agricultura co traballo na cidade.

A agricultura da maneira que se fai hoxe se traballas fora da casa é moi difícil de levar. Moi difícil, porque para vivir da agricultura digamos que mais ben é unha axuda ou xa non unha axuda se non unha forma de pasar o tempo que che gusta... fas un pouco de todo, o fin de semana cando non traballas pois botas unhas patacas uns repolos na horta e que despois produce e claro, aforras.

- Os seus fillos cree quedaran a vivir no rural como fixo vostede? ou mudaranse a cidade?

Non sei eu creo que algún dos dous quedará, creo que si aínda que como toda a xente pensa, bueno vou facer a miña casa.. ou vou ter o meu piso independente... pero si no rural algún quedará. Van criados nel e coñecen esa independencia que vai criada contigo, vaite formando e esa autonomía que tes dentro do que é as vivencias no rural... iso queda. 


Esta é a opinión de Trini, crees que crecer no rural ligate a este?

Andrea Fernández 

No hay comentarios:

Publicar un comentario