PRESENTACIÓN DO BLOG

ESTE BLOG ESTÁ ADICADO Á INVESTIGACIÓN QUE TEMOS QUE REALIZAR PARA Á ASIGNATURA DE XEOGRAFÍA RURAL IMPARTIDA POLO PROFESOR CARLOS FERRÁS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
O NOSO TEMA DE INVESTIGACIÓN CHÁMASE A COMPARATIVA DA MULLER RURAL GALEGA DO INTERIOR E DA COSTA, SENDO O TÍTULO RESUMIDO DA PUBLICACIÓN G.I. MUR (Grupo de Investigación Mulleres Rurais)

domingo, 2 de diciembre de 2012

NON TIÑAMOS TERRAS. EU ADICABAME A COIDAR DOS MEUS IRMÁNS.


Queridos lectores, aquí déixovos a entrevista que lle realicei a Isabel Soto, unha muller que naceu o 13 de xullo de 1962, na parroquia de A Torre, en Vilagarcía de Arousa, e agora vive as aforas de París. Isabel procede dunha familia humilde de cinco irmáns.

-         - Isabel, como era a túa vida cando aínda eras unha cativa?, a que se adicaban os teus pais?, con quenes vivías?

Cando era nena meu pai era empregado nunha fabrica de metais e miña nai era empregada do fogar. Ia a escola e cando saia, axudaba na casa coidando oss meus irmáns pequenos mentres miña nai non chegaba do traballo.

-      -   Teus irmáns maiores coidaban dos pequenos?

A miña irmán maior, Dolores,  con 14 anos empezou a traballar fora e meu irmán Javier empezou a estudar bachiller pero non lle gustou e con 16 anos, marchou embarcado. Eu con 15 anos non me deixaron seguir estudando, terminara os estudos obrigatorio, e meus pais obrigáronme a quedar na casa coidando os meus irmáns e aprendín a coser.

-      -   Vivindo na aldea non cultivabades o campo?

Non tiñamos terras propias pero miña nai arrendaba algunhas leiras preto da casa  e cultivaba segundo a tempada patacas. Aínda así na nosa casa tiñamos sempre un porco que era o que nos daba de comer todo o ano.

-         -Cando te introduciches no mundo laboral? E porque nunha conserveira?

Empecei na conserveira con 18 anos, era a primeira vez que traballaba fora da casa, necesitaba un salario fixo, e naquela época a unica forma de que unha muller sen estudos tivera un salario estable e cotizase a seguridade social era esa, aínda que estaba moi mal pagado.

-         -Porque te iniciaches no sindicalismo?

Cando comecei a traballar coñecín o mundo sindical.
Normalmente os homes que traballaban nas fabricas aproveitábanse das mulleres, insultábanas e humillábanas e alguén me dixo que iso non tiña porque ser así que podiamos denuncialo.
Aínda así non lle fixen caso ata que unha mañá cando cheguei a fabrica dixéronnos que estabamos despedidas. Eu non o aceptei e decidín ir a un sindicato a preguntar, en primeiro caso a CC.OO, que non nos axudou, solo nos dixo que tiñamos que pedir a carta de despedido.
Pero seguín sen darme por vencida e contactei con aquela persoa que me dixera que tiñamos que loitar contra os abusos dos homes nas fabricas, e axudáronnos fixemos folgas e apoiáronnos e orientáronos en todo e fomos readmitidas.
O pouco diso fixemos eleccións sindicais na fabrica e saín elixida como delegada sindical dun sindicato que habiamos criado cando fixemos as folgas polo noso despido, un sindicato pequeno de influencia local o OTTS (Organización de Traballadores e Traballadoras de O Salnes), este sindicato se adicaba especialmente a axudar as mulleres con problemas nas conserveiras, logo este pequeno sindicato seria agrupado a CIGA.

-     -Porque te mudaches o centro de Vilagarcía? E logo porque te fuches a A Laxe (aforas de Vilagarcía)?

Eu vivía en A Torre e estaba separada, solicitei unha vivenda social, e foime concedido un piso no centro de Vilagarcía.
Logo cando me volvín casar, o meu segundo marido e eu pensamos en ter unha casa e encontramos unha casa en A Laxe, moi preto do centro, polo cal non necesitabamos o coche e así foi.

-         - A que te adicabas nese intre? Seguías na conserveira?

Non, por mor de traballar na conserveira enfermei e tiven que deixala, e cando nos mudamos para a casa montei un pequeno taier de costura, xa que era o que me gustaba, e co soldo do meu marido podíame permitir non ter un soldo estable.

-         -Agora vivides en Francia, cal é o motivo?

O único motivo en realidade e o traballo do meu marido, non somos emigrantes por necesidade.

-         -E por ultimo, como ves ti que a cambiado o rural de Vilagarcía?

Cambou moito, pero porque cambiou a mentalidade das persoas. Na miña época os pais non querían que estudásemos e querían que quedásemos na casa a axudar.
A xente de agora quere que os seus fillos estuden, que teñan unha vida mellor, e traballar por exemplo no campo e moi duro polo cal, queren que marchen e se independicen.
A mentalidade da xente de agora e mais independente.

Coñecedes casos parecidos os de Isabel? Deixaron estudar as mulleres da vosa familia o obrigáronas a traballar? Coñecedes a mais xente que non tivera terras e as arrendaran?

Andrea Fernández

3 comentarios:

  1. Moi ben Andrea, pero como podemos explicar as vivenzas de Isabel? e cres que casos deste tipo xa non existen no medio rural galego? ou si? e se non existen que cambio?

    ResponderEliminar
  2. Todavía danse casos, non só en Galicia, seno no rural español. Eu coñezo xente do rural da comunidade de León, concretamente de Villaquejida, a 17Km de Benabente, ó igual que xóvenes de Aliste-San Vitero, perto de Zamora, que quedan na casa para seguir ca granxa familiar, sen sair de alí para formarse, coñecer novas tendencias para mellorar as súas granaxas nun futuro,...

    JULIA POZO

    ResponderEliminar
  3. Grazas por compartir os teus casos Julia. O caso de Isabel para min é un pouco persoal xa que é a miña nai, pero pareceume interesante para a investigación porque si que existen moitos casos de este tipo ou parecidos. Isabel foi obrigada a deixalos seus estudos, pero xente sobre todo homes que deixaron todo por quedarse no pobo, por non ter que irse da aldea, como di o refrán a cabra tira o monte.

    PD: Perdón pola demora de vos contestar.

    Andrea Fernández

    ResponderEliminar