PRESENTACIÓN DO BLOG

ESTE BLOG ESTÁ ADICADO Á INVESTIGACIÓN QUE TEMOS QUE REALIZAR PARA Á ASIGNATURA DE XEOGRAFÍA RURAL IMPARTIDA POLO PROFESOR CARLOS FERRÁS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
O NOSO TEMA DE INVESTIGACIÓN CHÁMASE A COMPARATIVA DA MULLER RURAL GALEGA DO INTERIOR E DA COSTA, SENDO O TÍTULO RESUMIDO DA PUBLICACIÓN G.I. MUR (Grupo de Investigación Mulleres Rurais)

lunes, 26 de noviembre de 2012


ENTREVISTA A UNHA EX MARISCADORA.

Queridos lectores, deixovos aquí unha entrevista feita á ex mariscadora Fina Vázquez López de 67 anos, e tamén unha pequena opinión do ex mariscador Gabriel Carrera Salgado sobre algunha das cuestións feitas na entrevista.

Espero que vos sexa de interese!

·         Agora que está retirada, como transcorre un día de semana normal para vostede?
-     Pois sigo unha rutina de ir a mercar á praza tódolos días pola mañá, e pola tarde dedícome ás labores da casa ou da horta. 
·         Como era a xornada laboral á que vostede se expoñía? Cal foi a súa idade de comezo e de retirada de dito traballo?
-        Normalmente se traballaba entre tres e cinco días á semana dependendo da marea, e as horas que se traballaban por día serían unhas catro aproximadamente. 
-    Eu comecei a traballar moi nova, con 20 anos, e retireime ós 65 anos, polo que  podo dicir que dediquei unha boa parte da miña vida a este traballo.
·       Con que variedade de mariscos traballábades? Canto se podía recoller como máximo nun día? Como se distribuía isto no mercado?
-    Nós iamos recoller ameixa fina, ameixa xapónica, berberecho e ameixa babosa, e como máximo podíamos recoller 7 Kg ó día. 
-    A maneira de distribuír todas estas mercancías era a través dun intermediario que o lanzaba ó mercado.
·         Que impedimentos podería atopar vostede nun día normal de traballo?
-       Pois sobre todo os temporais, as mareas ou a toxina do marisco.
·         Como cambiou o modo de mariscar nos últimos anos? 
-       Non se aprecian moitas diferenzas porque se segue traballando por terra e a técnica e a mesma, cun sacho e cun cubo.
·    Como cre vostede que valoraba e valora a xente este traballo? Que porcentaxe de poboación ocupaba e ocupa aproximadamente?
-       Eu creo que sempre foi una traballo pouco valorado tanto antes como agora, e que a xente recorría a el por necesidade.
-  A porcentaxe de poboación ocupada neste sector variou bastante con respecto a cando eu comecei a traballar. Fai uns 40 anos este sector tería ocupado un 65 % da poboación, e hoxe en día non chega nin ó 5 %.
·         Cal era a proporción de homes e mulleres no traballo propiamente dito?
-  Máis ou menos a proporción era  a mesma, pero a diferenza era que a flote predominaban os homes, á rañeira ían moi poucas mulleres.
·   Cre que se está perdendo a tradición ou que as maquinas chegaran a substituír o traballo das mulleres neste sector?
-   Eu creo que vaise perdendo porque antes había máis xente  dedicada a estas tarefas, era o primeiro sector, o que máis poboación ocupaba.
·         Se transmitiu esta tradición de pais a fillos?
-   Os meus fillos e o meu home nunca se dedicaron a isto profesionalmente, pero si como pasatempo.
·         Gustaríalle haber traballado doutra cousa ou sempre se decantou por este traballo?
-   Eu tiven a oportunidade de traballar en moitos oficios pero a min gustábame ir a mariscar, non traballei nisto por necesidade.
  •       Prefire a vida na cidade ou no medio rural?
-    Sen lugar a dúbida no medio rural, porque gozo dunha tranquilidade que non se me ofrece no medio urbano.

En contraste á entrevista de Fina, Grabriel Carrera Salgado, tamén ex mariscador, cre que había e segue habendo máis mulleres na tarefa de mariscar, e que se decantaban por este traballo porque era moi ben pagado e había moitos postos. A diferenza de Fina, Gabriel cre que a tradición non se está perdendo e que sucede todo o contrario, que a xente demanda cada vez máis este traballo.

Ti que opinas disto? Estás de acordo con Fina ou con Gabriel?

Un saúdo.

Andrea Carrera

4 comentarios:

  1. Dacordo, pero por exemplo en caso de non poder marisquear por temporal de que vivían? A qué zona se refire?

    ResponderEliminar
  2. Esta entrevista está enfocada ó marisqueo en Pontedeume.
    Os días que as mulleres non podían ir a marisquear por temporal, toxina, ou outros impedimentos, eran recuperados en canto as condicións o permitían, polo que o salario a fin de mes acababa sendo o mesmo.

    Andrea Carrera

    ResponderEliminar
  3. Moi ben Andrea, pero Fina con ia mariquear por necesidade!! entón como interpretas esto?

    ResponderEliminar
  4. Eu creo que moitas das mulleres que accedían a este traballo era por necesidade porque había moita oferta e estaba ben pagado, pero iso non quere dicir que moitas outras coma Fina se decantasen por ese traballo porque realmente lles gustaba e sentíanse cómodas coas súas labores. Tamén creo que a maior parte da xente opina que as mulleres accedían a este traballo por necesidade, xa que é un traballo pouco valorado e non se cren que lles poida gustar como tal.

    Andrea Carrera

    ResponderEliminar