PRESENTACIÓN DO BLOG

ESTE BLOG ESTÁ ADICADO Á INVESTIGACIÓN QUE TEMOS QUE REALIZAR PARA Á ASIGNATURA DE XEOGRAFÍA RURAL IMPARTIDA POLO PROFESOR CARLOS FERRÁS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
O NOSO TEMA DE INVESTIGACIÓN CHÁMASE A COMPARATIVA DA MULLER RURAL GALEGA DO INTERIOR E DA COSTA, SENDO O TÍTULO RESUMIDO DA PUBLICACIÓN G.I. MUR (Grupo de Investigación Mulleres Rurais)

domingo, 18 de noviembre de 2012

Testimonio


Queridos lectores, aquí vos deixo o testimonio dunha muller que vive no núcleo rural do Carballiño. Propietaria dunha libraría María Jesús Hermida danos a súa visión de vivir nun pobo, as súas inquedanzas, o que conleva isto para ela…
E a vós, gústavos vivir no voso pobo, aldea ou vila? Ou pola contra, preferiades vivir nunha cidade? 
Non dubidedes en comentar e expresar a vosa opinión!

Entrevista a María Jesús Hermida

- Cando adquiriches o negocio, non planteacheste en ningún momento instalarte no núcleo urbano máis próximo, Ourense no noso caso? Por qué?
Cando eu decidín montar o meu negocio, as miñas fillas estaban escolarizadas aquí, eran pequeñas e o pobo tiña unha estabilidade económica aparente que ahora non ten, por tanto crin que era a mellor opción seguir nel.

- En qué cres que beneficia ó teu modo de vida e o das túas fillas vivir nun área rural? En qué te afecta?
Hoxe en día creo que non nos beneficia en nada, mentras os nenos son pequenos, é ideal pola tranquilidade, pero hoxe en día creo non é beneficioso porque non hay ningún tipo de futuro nin a nivel social, nin cultural, nin educativo e moito menos a nivel laboral.

- Os movementos e desplazamentos que realizas á cidade, con qué frecuencia os fas? Con qué fins?
Desplázome regularmente a Ourense, xeralmente por compras, cine, paseos e incluso a nivel laboral.

- Como propietaria dun comercio, cres que o noso municipio, presta os servicios necesarios para poder levar unha vida similar sin ter que marchar a vivir á Ourense, por exemplo, ou o ves máis como un poco dormitorio no que os vecinos terían que facer a vida na cidade?
Hoxe en día, Carballiño é sen dúbida un pobo máis ben dormitorio por dicilo dalgunha maneira, non hai industria algunha polo tanto non hai futuro nel, e nunca se podería realizar unha vida plena en ningún sentido como se fose unha cidade como Ourense, Vigo, Coruña…




Noa


8 comentarios:

  1. Un tema un tanto complicado é ao que se fai referencia. É difícil saber cal é a millor opción. Si que é certo que as persoas máis novas decantámonos por uns espazos máis grandes, unhas cidades que nos ofrecen unha gran variedade de actividades para os nosos quefaceres diarios que pequenos pobos como O Carballiño non nos ofrecen; imos crecendo e a tranquilidade dos pobos xa non é suficiente, quizais para unha finde, dúas, tres ou catro, pero non mais. unha mágoa que só quede como un bo recordo da infancia que non medrou canda nós.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estou totalmente dacordo coa túa opinión. Quizais, para os xoves do pobo, xa se nos queda pequeno e buscamos máis. Máis actividades de ocio, entretemento, un abanico máis grande de mercado, ou tan só un espacio cun ámbito maior que nos ofreza unha cantidade máis grande de ocupar o noso tempo. Pero, como ben dis, comparto o teu bo recordo de crecer na tranquilidade que nos brindou O Carballiño, e todo o que disfrutamos del.
      Noa

      Eliminar
  2. E como valorades as mobilidades da xente hoxe en día?
    Canto tempo invistes en ir a Ourense? e canto se investía fai 50 anos?
    E Ourense cidade, non ten problemas? alí hai traballo para todos?

    ResponderEliminar
  3. Supoño, que Ourense cidade terá problemas tamén, pero como outras moitas cidades e núcleos urbáns de Galicia. Aínda así, nada comparable cos problemas de traballo que pode ter un núcleo rural como Caballiño, no que as posibilidades redúcense moito máis, e na situación económica que nos atopamos, agrávanse.
    Os desplazamentos a Ourense, son realmente pequenos e moi curtos de tempo. Antigamente, fai cincuenta anos, o tempo alongábanse e as distancias era maiores, xa que non se contaba con moitas vías rápidas, como as autopistas e autovías que hoxe temos. Actualmente, coa autopista que chega ata a entrada da nosa vila, a xente pode poñerse na capital da provincia en 10 ou 15 minutos, non máis. Isto, favorece e promove os desplazamentos da xente da vila por calqueira motivo, ben sexa por ocio, por traballo, por estudos...
    Noa

    ResponderEliminar
  4. De acordo. Sería interesante consultar os datos de desemprego no Carballiño e en Ourense para poder ver o que acontece. Tedes os datos na web Instituto Galego de Estatística (IGE).

    E se o Carballiño non ten futuro, que está acontecendo en asentamentos menores do seu entorno?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. A cidade de Ourense conta con 108002 habitantes, dos cales 29189 son parados; mentres que no Carballiño, de 14145 habitantes, non están traballando 2565. Facendo unha proporción, nótase máis o paro na nosa vila, e esperemos que a situación cambie e sexa unha cousa pasaxeira por consecuencias da crise económica, senón O Carballiño entrará en decadencia como os pequenos núcleos rurais que o rodean, e moitos deles están morrendo.
      Noa

      Eliminar
  5. Dende o meu punto de vista eu creo que o Carballiño (como moitas vilas) hoxe en día está en decandencia, xa que as oportunidades de medrar son moi escasas, pero tamén penso que foi durante moito tempo unha moi boa opción de vida para moitas familias, xa que moitos pais poideron ter tranquilidade de educar ós seus fillos nun lugar tranquilo. É inebitable que, hoxe en dia nos despracemos a núcleos urbanos para poder topar tanto o novel laboral como de vida que desexamos topar, pero eu fago un chamamento para que no nos olvidemos o importante que son estas pequenas vilas onde podes estar en contacto co rural, podes ter lazos sociales e educar ós teus fillos nun ambiente moi saludable, porque se non facemos nada por impulsalas aínda que sexa un pouco todo isto acabará desaparecendo..

    ResponderEliminar
  6. De acordo, pero ¿qué podemos facer nós, os cidadáns, se o mesmo concello non o impulsa, ou non fai o máximo por intentar facelo? Seguiremos escapando, aínda que apenados, das nosas vilas por falta de servicios, ou oportunidades laborais... Deberiamos pensar niso, á hora de tomar decisións como a de marchar para cidades maiores como Ourense, Vigo ou Pontevedra, por exemplo.
    Noa

    ResponderEliminar