PRESENTACIÓN DO BLOG

ESTE BLOG ESTÁ ADICADO Á INVESTIGACIÓN QUE TEMOS QUE REALIZAR PARA Á ASIGNATURA DE XEOGRAFÍA RURAL IMPARTIDA POLO PROFESOR CARLOS FERRÁS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
O NOSO TEMA DE INVESTIGACIÓN CHÁMASE A COMPARATIVA DA MULLER RURAL GALEGA DO INTERIOR E DA COSTA, SENDO O TÍTULO RESUMIDO DA PUBLICACIÓN G.I. MUR (Grupo de Investigación Mulleres Rurais)

lunes, 5 de noviembre de 2012

QUE É A MULLER RURAL?


Ola queridos lectores, ímosvos deixar nesta entrada a nosa visión da muller rural baseándonos en documentación que fomos consultando. Deixámosvos tamén  a visión e a definición da muller rural que dan algúns organismos oficiais e asociacións nas que pescudamos distintas aportacións de xente! A información que aquí posteamos  é unha mestura de diversas páxinas webs nas que nos apoiamos. Esperamos que o disfrutedes!


Para nós, a muller rural, é unha muller complexa, que pode adicar a súa vida profesional, ben ó traballo no campo ou no mar, ou ben a outros sectores, pero que vive e desenrola o seu modo de vida nun núcleo rural. Esta muller, compaxina a vida familiar e o fogar, co traballo como unha muller cosmopolita e urbana. Consideramos tamén a este tipo de muller, unha muller todoterreo que pode distribuír o seu tempo en diversas tarefas. Por exemplo, o traballo no campo ou na horta, pode ser simplemente unha ocupación secundaria cando chega de traballar no posto remunerado que ten na cidade ou no núcleo urbano máis próximo.
Para a asociación AMFAR, as mulleres rurais son mulleres de idade media que traballan as explotacións agrarias para complementar o traballo remunerado que levan a cabo tamén.
Segundo a Secretaría Xeral da Igualdade da xunta de Galicia, a muller no eido rural, ten un papel invisíbel no noso territorio. Esta muller, traballa horas e horas nas tarefas do campo (gran parte da produción do campo é grazas a elas) á mesma vez que ocúpase das labores do fogar e dos coidados da súa familia. Teñen pouca importancia no eido social dos municipios e parroquias…

Tedes o mesmo pensamento que nós, ou pola contra credes que é todo o contrario? 

Non dubidedes en deixarnos o voso parecer!



Un saúdo, as blogers

6 comentarios:

  1. Que bo é saber que rapazas de entre 18-22 anos levan a cabo un blog sobre mulleres rurales; esas mulleres que parece que con isto do século XXI quedaron equecidas.

    Como muller, esto parece un halago a todas as mulleres, e máis as galegas, que polo xeral todas foron un pouco rurais.
    Para min, igual o significado que lle dades pareceme un pouco "de diccionario" . Creo que da palabra muller, e rural pódese sacara algo máis ca propia definición do RAG.
    A muller rural, é unha loitadora, é unha ama de casa, pero cun traballo máis duro do que calquera se poida imaxinar. Quén dixo que loitar polos fillos, polas terras e os animais fose fácil? E seguramente sen un home ao lado (moitos deles emigraban).
    Simplemente estas son palabras dunha muller de Galicia, pero igual un consello para vos, que ainda sode cativas.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Paréceme moi interesante a túa opinión e non podería estar máis dacordo contigo!As mulleres que viven nos eidos rurais, deberían ser recordadas e halagadas polo seu esforzo e traballo, en todos os aspectos da vida. E aínda máis, cando como ben dis, moitas veces fano sen a axuda do pai dos seus fillos, ben porque pásase mariñando no mar meses para poder manter a súa familia ou marcha máis alá das nosas fronteiras en busca de traballo para poder darlle un futuro ós seus fillos.
      Todas estas mulleres, merecen esto e moito máis, e non temos mellor exemplo que na noas propia familia, amigas ou veciñas, xa que como todas sabemos, non vivimos en mellor terra, tan só temos que mirar ó noso arredor!
      Moitas grazas por pasarte polo blog e deixarnos a túa opinión!
      Noa

      Eliminar
  2. O de diccionario (RAG) é unha forma de falar, cada un ten a súa opinión.
    Noraboa polo voso traballo!

    ResponderEliminar
  3. Parabéns Noa, moi interesante. Pero tes que pasar da descripción á investigación; por que acontece esto en Galicia?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Acontece esto en Galicia, porque é un moi bo exemplo de rexión emigrante e traballadora. Dícese que os galegos estamos en todos os lados, que alá que onde vaias, coñeces a algún. É ben certo, que os homes sempre marchaban para atopar traballo e darlle unha boa vida a súa familia, que poidese vivir ben e sen desafogos. Estos homes que marchaban, podían recorrer kilómetros e kilómetros en busca de emprego para poder mandar cartos para casa ou botarse á mar para pasarse meses sen ver os da casa. Por este motivo, as que quedaban ó coidado dos fillos e da casa, coidando pola horta e as leiras, por que todo marchase ben, eran as mulleres, que sostiñan un gran peso e tiñan a responsabilidade agora de ser a cabeza de familia, que velase e coidase polos seus ata que o seu home chegara, ou ás veces, marchar para instalarse nunha nova terra cando o home xa estaba instalado.
      Noa

      Eliminar