Ola queridos lectores, ímosvos deixar nesta entrada a
nosa visión da muller rural baseándonos en documentación que fomos consultando.
Deixámosvos tamén a visión e a
definición da muller rural que dan algúns organismos oficiais e asociacións nas
que pescudamos distintas aportacións de xente! A información que aquí posteamos
é unha mestura de diversas páxinas webs
nas que nos apoiamos. Esperamos que o disfrutedes!
Para nós, a muller rural, é unha muller complexa, que pode
adicar a súa vida profesional, ben ó traballo no campo ou no mar, ou ben a
outros sectores, pero que vive e desenrola o seu modo de vida nun núcleo rural.
Esta muller, compaxina a vida familiar e o fogar, co traballo como unha muller
cosmopolita e urbana. Consideramos tamén a este tipo de muller, unha muller todoterreo
que pode distribuír o seu tempo en diversas tarefas. Por exemplo, o traballo no
campo ou na horta, pode ser simplemente unha ocupación secundaria cando chega
de traballar no posto remunerado que ten na cidade ou no núcleo urbano máis
próximo.
Para a asociación AMFAR, as mulleres rurais son mulleres de
idade media que traballan as explotacións agrarias para complementar o traballo
remunerado que levan a cabo tamén.
Segundo a Secretaría Xeral da Igualdade da xunta de
Galicia, a muller no eido rural, ten un papel invisíbel no noso territorio.
Esta muller, traballa horas e horas nas tarefas do campo (gran parte da
produción do campo é grazas a elas) á mesma vez que ocúpase das labores do
fogar e dos coidados da súa familia. Teñen pouca importancia no eido social dos
municipios e parroquias…
Tedes o mesmo pensamento que nós, ou pola contra credes
que é todo o contrario?
Non dubidedes en deixarnos o voso parecer!
Un saúdo, as blogers
Que bo é saber que rapazas de entre 18-22 anos levan a cabo un blog sobre mulleres rurales; esas mulleres que parece que con isto do século XXI quedaron equecidas.
ResponderEliminarComo muller, esto parece un halago a todas as mulleres, e máis as galegas, que polo xeral todas foron un pouco rurais.
Para min, igual o significado que lle dades pareceme un pouco "de diccionario" . Creo que da palabra muller, e rural pódese sacara algo máis ca propia definición do RAG.
A muller rural, é unha loitadora, é unha ama de casa, pero cun traballo máis duro do que calquera se poida imaxinar. Quén dixo que loitar polos fillos, polas terras e os animais fose fácil? E seguramente sen un home ao lado (moitos deles emigraban).
Simplemente estas son palabras dunha muller de Galicia, pero igual un consello para vos, que ainda sode cativas.
Paréceme moi interesante a túa opinión e non podería estar máis dacordo contigo!As mulleres que viven nos eidos rurais, deberían ser recordadas e halagadas polo seu esforzo e traballo, en todos os aspectos da vida. E aínda máis, cando como ben dis, moitas veces fano sen a axuda do pai dos seus fillos, ben porque pásase mariñando no mar meses para poder manter a súa familia ou marcha máis alá das nosas fronteiras en busca de traballo para poder darlle un futuro ós seus fillos.
EliminarTodas estas mulleres, merecen esto e moito máis, e non temos mellor exemplo que na noas propia familia, amigas ou veciñas, xa que como todas sabemos, non vivimos en mellor terra, tan só temos que mirar ó noso arredor!
Moitas grazas por pasarte polo blog e deixarnos a túa opinión!
Noa
O de diccionario (RAG) é unha forma de falar, cada un ten a súa opinión.
ResponderEliminarNoraboa polo voso traballo!
Supoño! Moitas grazas de novo!
EliminarNoa
Parabéns Noa, moi interesante. Pero tes que pasar da descripción á investigación; por que acontece esto en Galicia?
ResponderEliminarAcontece esto en Galicia, porque é un moi bo exemplo de rexión emigrante e traballadora. Dícese que os galegos estamos en todos os lados, que alá que onde vaias, coñeces a algún. É ben certo, que os homes sempre marchaban para atopar traballo e darlle unha boa vida a súa familia, que poidese vivir ben e sen desafogos. Estos homes que marchaban, podían recorrer kilómetros e kilómetros en busca de emprego para poder mandar cartos para casa ou botarse á mar para pasarse meses sen ver os da casa. Por este motivo, as que quedaban ó coidado dos fillos e da casa, coidando pola horta e as leiras, por que todo marchase ben, eran as mulleres, que sostiñan un gran peso e tiñan a responsabilidade agora de ser a cabeza de familia, que velase e coidase polos seus ata que o seu home chegara, ou ás veces, marchar para instalarse nunha nova terra cando o home xa estaba instalado.
EliminarNoa