PRESENTACIÓN DO BLOG

ESTE BLOG ESTÁ ADICADO Á INVESTIGACIÓN QUE TEMOS QUE REALIZAR PARA Á ASIGNATURA DE XEOGRAFÍA RURAL IMPARTIDA POLO PROFESOR CARLOS FERRÁS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
O NOSO TEMA DE INVESTIGACIÓN CHÁMASE A COMPARATIVA DA MULLER RURAL GALEGA DO INTERIOR E DA COSTA, SENDO O TÍTULO RESUMIDO DA PUBLICACIÓN G.I. MUR (Grupo de Investigación Mulleres Rurais)

martes, 6 de noviembre de 2012

Costumes curiosas na Galicia de antes


Queridos lectores, aquí vos deixo un post con algunhas costumes curiosas que había nas aldeas galegas fai uns cantos anos. Non teñen perda e son ben graciosas, espero que vos gusten e as disfrutedes!


* A costume que vos conto a continuación trata dos “estreitos”. Resulta, que o último día de cada ano, celébrase un sorteo de noivos. Sí, si, como o escoitades, un sorteo de noivos. Isto era como xogar á lotería. Escribían tantos nomes de mozas como de mozos solteiros que había na aldea e botábanos en sombreiros distintos; entón un por un, os mozos sacaban un nome do sombreiro das mulleres e as mozas facían o respectivo no seu caso. Cada parella que saía, debía ser noivos durante o vindeiro ano e o mozo tiña a obligación de obsequiar a súa parella. Déronse moitos casos de que estos noivados de papeletas, remataron en casamento!




* Os noivados, eran case sempre entre mozos dunha mesma aldea, pero cando non era así e o mozo era forasteiro, éste debía pagar “o piso”. Isto consistía en pagar un convite ós mozos da aldea da noiva; ou ben, dáballes de beber viño, ou cartos para que o beban. Desta maneira, queda festexado o noivado e queda admitido o forasteiro como amigo dos mozos da aldea.


Se se vos ocorre algunha tradición ou costume antiga das vosas aldeas que vos contasen os maiores, non dubidedes en compartila con todos!

Ata a próxima!

Noa

6 comentarios:

  1. É moi curiosa esa costume,reflexanos unha galicia rural na que os comportamentos sociais variaron moito comparandoos ao dia d hoxe.

    ResponderEliminar
  2. Sí, a verdade é que tanto a sociedade como as costumes, variaron enormemente duns cantos anos atrás ata o día de hoxe, por iso pareceume curioso compartilo con vós! Moitas grazas por pasarte e comentar!
    Noa

    ResponderEliminar
  3. Moi interesante, pero por que tiñan preferencia os da mesma parroquia ou aldea? a credes que se debe?

    E qué podía impliacar esto a medio e longo prazo no futuro da aldea ou parroquia?

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Na miña opinión, poida que teñan preferencia os mozos da mesma aldea ou parroquia, porque a sociedade de antes que habitaba nestes núcleos, e aínda agora, era moi recelosa do seu, é dicir, os mozos da aldea eran todos coñecidos, coñecíanse as familias entre elas e sabían todo de todos. entón, cando chegaba un forasteiro de fóra, facíanlle pagar "o piso", como expón a entrada, como mostra de petición de que se lle reciba ben entre os mozos da aldea.
      Isto podería supoñer a longo prazo, unha interconexión entre todas as familias autóctonas do pobo, emparentando pouco ou moi pouco co exterior e traendo consecuencias quizais nefastas en algúns casos.
      Noa

      Eliminar
  4. Ó xuntarse os mozos da mesma aldea sempre entre eles, chegaríase a un momento, que quizais ata entre dous parentes lonxanos (por exemplo, primos segundos ou terceiros) dunha mesma familia casaran. Isto, podería evitarse se cadra, se as mentalidades da xente de antes das aldeas cambiase, ou non fosen tan recelosos do seu.
    Noa

    ResponderEliminar