Queridos
lectores, nesta nova entrada que publico trata da muller, pero non so dende un
punto de vista na que esta traballa no campo ou no mar, senón dunha muller
traballadora, de como esta muller pasou a crear o mundo sindical galego.

Na costa Atlántica
dende Coruña ata Vigo, a man feminina sempre foi a protagonista en todas as
fases do desembarco do peixe nos molles ata a venta, estas cada noite levaban
nas súas cabezas ou nos carros o peixe que venderían o dia seguinte nas prazas
galegas.
Pero é no mundo
das conserveiras onde as traballadoras galegas teñen iniciativa. Son elas as
fundadoras das primeiras asociacións sindicais, dende Ribadeo ata a Guardia
foron a vangarda dende o século XIX ata a chegada da ditadura no 1936 onde
foron reprimidas elas e as súas familias, mais ainda con todo iso, son elas as que levan a
maior parte do movemento sindical
galego ainda hoxe en dia.
Foron elas as que
crearon o mundo sindical xa que eran as que traballaban nas fabricas e víanse
independentes xa que seus pais e maridos estaban na emigración e eran as
que se levantaban de madrugada por ir traballar no mar, as que entraban en cólera
por mor de que lles quitaban as súas terras para facer estradas, son elas as
que loitaron polos seus dereitos...
Elas son a
memoria de Galiza, coas súas enrugas, feridas, ollares perdidos... non haberá
un xeración tan loitadora coma elas, coma a das nosas nais e avoas.
Para min as
traballadoras das conservas sen dubida foron as que loitaron contra o patrón e
crearon o movemento sindical galego.

Un saúdo,
Andrea Fernández
Moi interesante Andrea; pero tes que aportar algún dato ou testemuña. Senón esto se queda nunha especie de declaración persoal.
ResponderEliminarTe recomendo ler e documentarte sobre o matricarcado en Galicia e a entrar en contacto directamente coas protagonistas
Gracias pola sua axuda.
EliminarA miña nova entrada, na que estou traballando, vai estar relacionada co tema, polo que tamén esta é unha introducción.
Xa que é a testemuña ducha muller que se criou no rural, pero logo traballou nunha conserveira e meteuse no mundo do sindicalismo.
Andrea Fernández.