PRESENTACIÓN DO BLOG

ESTE BLOG ESTÁ ADICADO Á INVESTIGACIÓN QUE TEMOS QUE REALIZAR PARA Á ASIGNATURA DE XEOGRAFÍA RURAL IMPARTIDA POLO PROFESOR CARLOS FERRÁS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
O NOSO TEMA DE INVESTIGACIÓN CHÁMASE A COMPARATIVA DA MULLER RURAL GALEGA DO INTERIOR E DA COSTA, SENDO O TÍTULO RESUMIDO DA PUBLICACIÓN G.I. MUR (Grupo de Investigación Mulleres Rurais)

sábado, 10 de noviembre de 2012


MAR E TERRA

Estimados lectores, déixovos aquí un pequeno resumo da Galiza tradicional rural no mar e na terra. Espero que vos sexa de interese e disfrute.

Tradicionalmente o oficio dos homes do litoral galego era ir embarcados, mentres que as mulleres ocupábanse da mercancía que os seus homes traían. Ademais disto, as mulleres tamén reparaban as redes, confeccionaban roupa impermeable e ocupábanse da casa e dos fillos. Había mulleres que dedicábanse a palillar, e como costume as casadas traballaban nos lugares discretos e as solteiras mostrándose ós mozos. En canto ás cerimonias relixiosas, as mozas galegas habituaban ofrecer o seu cabelo á Virxe pedindo que se cumprise algún desexo. O entretemento nas festas ía a cargo da cucaña ou das regatas de traíñas.  Por último, cando os homes morrían nas embarcacións, as mulleres preparaban o cadáver do seu home para velalo e posteriormente recibir cartos na presenza dos seus veciños.



En canto á terra, a emigración dos homes ou o seu recrutamento para as guerras  fixo relevante o papel da muller na aldea. Estas mulleres criaban o gando, ían lavar os cestos da roupa, vendían o que traballaban nas colleitas, etc. Tamén os nenos substituían algunhas horas da escola para dedicarse a tarefas gandeiras coas que se gañaban o pan. Como actos relixiosos era tradicional ofrecer os corpos despois de mortos á Virxe ou sacalos santos en procesión. Para entreterse dispoñían de cine ou xogaban ó xogo da chave.

A modo de anécdota cabe dicir que os homes Portugueses viñan a Galiza buscando mozas galegas porque dicían que valían moito por realizar tantas tarefas, e para mocear na aldea tiñan que invitar ós mozos galegos a beber.
Agardo impaciente calquera comentario, dúbida ou aportación que vos aconteza.

Un saúdo!                
                                                                                 Andrea Carrera

2 comentarios:

  1. Interesantísimo Andrea,

    Pero cales son as túas fontes de información? de onde sacas esto? debes citar as fontes.

    Tes que investigar sobre esto!!! tes que recoller testemuñas e valoralas criticamente

    ResponderEliminar
  2. Estra estrada é unha síntesis sacada dos apartados de mar e terra do libro Galicia: O oficio de vivir. O mar, a terra, a cidade, do autor Gonzalo Allegue. Este libro amosa minuciosamente a vida que levaban tanto as mulleres e homes coma os nenos no ámbito rural. Na miña entrada centreime no mar e na terra porque é o tema que nos atañe. Agora que xa recollín información documentada sobre isto, estou agandando para subir unha nova entrada cunha entrevista feita a unha muller que adicou toda a súa vida a mariscar, entrevista que pode deixar vía libre a discrepar ou mesmo a compartir estas opinións.

    Andrea Carrera

    ResponderEliminar