PRESENTACIÓN DO BLOG

ESTE BLOG ESTÁ ADICADO Á INVESTIGACIÓN QUE TEMOS QUE REALIZAR PARA Á ASIGNATURA DE XEOGRAFÍA RURAL IMPARTIDA POLO PROFESOR CARLOS FERRÁS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA.
O NOSO TEMA DE INVESTIGACIÓN CHÁMASE A COMPARATIVA DA MULLER RURAL GALEGA DO INTERIOR E DA COSTA, SENDO O TÍTULO RESUMIDO DA PUBLICACIÓN G.I. MUR (Grupo de Investigación Mulleres Rurais)

jueves, 6 de diciembre de 2012

Canto cambiamos...

Queridos lectores, aquí vos deixo cunha pequena entrevista que lle fixen a unha veciña de Moldes, un pobo ó ladiño do Carballiño, Manuela Pérez (72 anos) e a súa neta Cristina Reinoso (20 anos). Podemos ver, nas súas palabras as diferentes perspectivas que teñen do entorno rural...

Fala Manuela

Manuela, cómo cambiou o hábitat rural nos últimos anos?
As labores e tarefas que se fan agora, son as mesmas que cando eu era moza, aínda que agora temos tractor e aramos as terras, cando antes o facían as vacas e era todo moito máis manual. Traballamos os eidos según a época do ano, ou botamos as patacas, ou é o tempo de vendimia, ou sulfatamso as viñas (que ó facelo a man, aínda hoxe é o que máis costa), ou escorchamos o maíz...no verao tamén se traballa máis porque os días son máis longos, e no inverno temos que apurar as poucas horas de luz que dan os días.
O que se refire ás terras traballadas, cambiou moito a situación. Antes, moitísimas terras que agora están hermas, daban as súas mellores colleitas, agora a xente vai moito máis a traballar fóra, a xente xoven marcha a outros sitios, porque quédalle pequeno isto e abandónanse moitos terreos. É unha situación decadente, os únicos que quedamos somos xente maior que cultivamos para o autoconsumo e o necesario. 
Nos meus tempos traballaban moitos matrimonios nos eidos, aínda que o home marchaba fóra para traballar, como meu home que era albañil. No que había que facer no eido traballabamos os dous, aínda que de forma máis puntual il na maneira que podía e de forma máis continuada eu, que ocupábame da casa, dos fillos e do eido. Agora son máis as mulleres de mediana idade as que se ven traballando, para axudar ós pais que xa non poden, ou de forma complementaria ó seu traballo, non de forma total. Pódese dicir que é a muller a que máis traballa nas labores agrarias. Isto tamén é así porque hai moitas menos terras traballadas...

¿Cómo ve o hábitat rural dentro de cincuenta anos?

Pois penso que as novas xeracións, cando teñan cincuenta anos non van a ter todo o que teñen agora. Van retornar ó campo porque as cousas están moi mal. Estase chegando a puntos de que por exemplo, as familias que tiñan os maiores en residencias, estanos retirando delas e levándoos de volta para a casa. Esperemos que isto sea unha cousa pasaxeira e que dentro de uns anos mellore a situación. En canto á calidade de vida, no rural é moito mellor que nas cidades. Os custos económicos poden ser algo maiores, como a contribución, e pode que outros servizos como a auga tamén. Unha casa ten máis gastos, pero vívese mellor, porque si cultivas o mínimo podes alimentarte ben si tes outro sueldo a maiores. Quero dicir, que non é viable vivir soamente do rural, xa que non te podes manter da agricultura exclusivamente, tería que ser unha actividade complementaria. Por exemplo, como xa te comentei o meu home traballaba fóra da casa cobrando unha renda, e eu aquí, e agora tería que seguir sendo algo complementario tamén.

Fala Cristina

Eu penso que vívese mellor no rural que nas cidades tamén, aínda que de outro xeito. A min non me importaría vivir nunha casa no eido rural, pero non traballar no campo. Desplazaríame ó meu posto de traballo periódicamente, así podería disfrutar dos servizos e as prestacións dunha área urbana, pero se perder o contacto co rural, e ter polo tanto unha maior tranquilidade, vivir sin estrés, en contacto coa natureza... Pode ser que teña esta visión tan repartida entre os dous ámbitos porque sempre vivín nunha casa no rural, pero fixen a vida no Carballiño, onde ía a escola, fago recados, paseo, teño a todos os meus amigos... Sería o perfecto modo de vida para min, e que lle quixera dar ós meus fillos, o que eu levei sempre.

                                         Pazo de Moldes


¿Cal é a vosa perspectiva de futuro?

¿Coincidides con Manuela ou pola contra, máis co parecer de Cristina?


Noa


4 comentarios:

  1. Pareceme moi interesante o voso traballo de ir recollendo informacion sobre a vida que se pasaba antes, xa que hay moitas cousas que non se saben e son moi interesantes, con isto sempre se pode aprender algo novo.

    ResponderEliminar
  2. Moitas gracias, buscamos poder abrir unha ventá á xente para que poidan coñecer e interesarse pola vida das mulleres rurais de Galicia. Un saúdo!
    Noa

    ResponderEliminar
  3. Enhorabuena por la entrada. Con la entrevista de Cristina estoy de acuerdo, con respecto a la de Manuela no. ¿De verdad cree que de aquí a 50 años la gente se desplazará más al rural, cuándo es un espacio que desgraciadamente se está perdiendo cada vez más y sobretodo sus actividades?

    Pablo Ponte Rodríguez.

    ResponderEliminar
  4. Mucha gente lo piensa, la razón es obvia, el retorno a las áreas rurales como consecuencia de la crisis está cambiando la situación de despoblamiento que había en ellas hasta ahora... En mi opinión, esto es pasajero, la gente tiende por lo natural, a concentrarse en los grandes asentamientos debido a los servicios ofrecidos, las prestaciones...Asi que de aqui a 50 años, no creo que los núcleos rurales experimenten un cambio demasiado notable con respecto a la concentración de población en ellos...
    Noa

    ResponderEliminar